Iván Puentes

Máis de Un Pontevedra

23/03/2023 14:40

Puentes: "Pontevedra aspira a converterse na sede dun encontro europeo da alianza Greening Cities"

Visítanos o concelleiro de Desenvolvemento Sostible e Medio Natural, Iván Puentes, para coñecer a proposta plantexada no marco do Cities Forum 2023 que se celebrou en Turín: Pontevedra postúlase en 2023 como sede dun encontro da alianza Greening Cities e dun congreso que reunirá aos principais responsables da Comisión Europea en materia de renaturalización de cidades e loita contra o cambio climático. Puentes explicounos que tivo unha moi boa acollida por parte dos coordinadores da rede comunitaria e vese reforzada pola presidencia española do Consello da UE durante o segundo semestre deste ano.

Máis de Un Pontevedra

16/03/2023 14:25

Iván Puentes: "Temos un proxecto pioneiro para solucionar as inundacións da rúa Fernando Olmedo"

Conversamos co concelleiro de Desenvolvemento Sostible e Medio Natural de Pontevedra, o socialista Iván Puentes, para falarnos da estratexia "Pontevedra Flúe" e do proxecto pioneiro que permitirá dar solución ás inundacións de Fernando Olmedo. A proposta técnica, xa explicada á veciñanza da rúa, permitirá controlar o rego de Valdecorvos e conta co respaldo de Augas de Galicia.

Máis de Un Pontevedra

09/03/2023 14:21

Iván Puentes leva "Pontevedra flúe" ao Cities Forum de Turín organizado pola Comisión Europea

Visítanos o concelleiro de Desenvolvemento Sostible e Medio Natural, o socialista Iván Puentes, para falarnos da súa viaxe a Turín a semana que vén. Participará na primeira reunión física do Partnership Greening Cities, unha alianza comunitaria deseñada no marco da Comisión Europea co obxectivo de impulsar a renaturalización de cidades e a loita contra o cambio climático.

PROGRAMA COMPLETO

23/02/2023 14:27

Más de Uno Pontevedra 23/02/2023

Abrimos o programa coa actualidade do día e conversando co concelleiro de Desenvolvemento Sostible e Medio Natural de Pontevedra, Iván Puentes. Buscamos a previsión metereolóxica e, como cada xoves, recibimos a visita de Rodrigo Cota. Ademais, completamos o programa tomando a última antes de marchar coa mestra e escritora Charo Valcárcel.

Máis de Un Pontevedra

23/02/2023 13:38

Puentes: "Destapar o Gafos é o proxecto máis ambicioso na estratexia Pontevedra Flúe"

O proxecto para renaturalizar o río dos Gafos ao seu paso por Rosalía de Castro ponse en marcha coa realización de catas técnicas na beira que dá cara á rúa da Tablada. Conversamos co concelleiro de Desenvolvemento Sostible e Medio Natural, Iván Puentes, sobre a estratexia "Pontevedra flúe" na que se enmarca este proxecto.

Máis de Un Pontevedra

16/02/2023 13:25

Puentes: "Xa están en marcha as obras de construción do primeiro parque de xogos de auga de Pontevedra"

Conversamos co concelleiro de Desenvolvemento Sostible e Medio Natural, Iván Puentes, sobre a estratexia "Pontevedra flúe" e a nova obra que acaba de comezar esta semana: o primeiro parque de xogos de auga de Pontevedra. Puentes agarda que os pontevedreses poidan desfrutar a partir da primavera desta nova área de lecer, situada no parque Rosalía de Castro (na ribeira do Lérez que discorre polo Paseo de Rafael Areses).

PROGRAMA COMPLETO

16/02/2023 13:09

Más de Uno Pontevedra 16/02/2023

Abrimos o programa coa actualidade do día e conversando co concelleiro de Desenvolvemento Sostible e Medio Natural de Pontevedra, Iván Puentes. Buscamos a previsión metereolóxica para pechar o programa que hoxe tivo versión reducida para dar paso á programación especial de Onda Cero Galicia desde o entroido de Verín.

Máis de Un Pontevedra

09/02/2023 14:39

Máis de Un Pontevedra

09/02/2023 14:39

Puentes: "Avanzan a bo ritmo as obras para transformar a antiga ponte do ferrocarril nun balcón sobre o Lérez"

Conversamos co concelleiro de Desenvolvemento Sostible e Medio Natural, Iván Puentes, sobre a estratexia "Pontevedra flúe" e a obra que xa está máis avanzada: a rehabilitación e acondicionamento da antiga ponte do ferrocarril que na primavera estará convertida nun balcón sobre o río Lérez. Ademais, este proxecto é só a primeira parte para integrarse na futura vía verde entre Vilagarcía e Pontevedra.

PROGRAMA COMPLETO

09/02/2023 14:24

Más de Uno Pontevedra 09/02/2023

Abrimos o programa coa actualidade do día e conversando co concelleiro de Desenvolvemento Sostible e Medio Natural de Pontevedra, Iván Puentes. Buscamos a previsión metereolóxica e, como cada xoves, recibimos a visita de Rodrigo Cota. Ademais, completamos o programa tomando a última antes de marchar visitando o Café Moderno e a nova exposición: "Vexo, vexo. Que ves?".