Iván Puentes

Gente Viajera de Galicia

21/01/2022 19:20

Pontevedra gastronómica, verde e deportiva namora en FITUR

Os concelleiros de Turismo e Medio Ambiente Natural de Pontevedra presentaron hoxe en Madrid a nova campaña de Visit-Pontevedra. Yoya Blanco e Iván Puentes estiveron con nós no programa para poñer palabras ás imaxes que conquistaron ao público do Stand de Galicia.

MÁS DE UNO PONTEVEDRA

25/11/2021 14:28

Iván Puentes: “O Plan de Sostibilidade Turística de Pontevedra financiarase con fondos europeos”

O Plan de Sostibilidade Turística deseñado conxuntamente polas concellerías de Desenvolvemento Sostible e Medio Natural e de Promoción Económica e Turismo logrou ser elixido entre os 9 proxectos consensuados e aprobados polo Goberno central e a Xunta para incluírse dentro dos Plans de Sostibilidade Turística en Destino (PSTD) que se desenvolverán en Galicia ao amparo do Plan Territorial Litoral. Conversamos co concelleiro socialista Iván Puentes sobre os proxectos previstos para a cidade de Pontevedra.

CON SUSANA PEDREIRA

07/10/2021 14:27

Más de Uno Pontevedra 07/10/2021

Abrimos o programa cos novas deste xoves e conversando co alcalde de Lalín, Xosé Crespo. Buscamos a previsión metereolóxica e comentamos a actualidade coa mirada persoal de Rodrigo Cota. Coñecemos os plans para a conservación das árbores da Alameda co concelleiro de Desenvolvemento Natural de Pontevedra, Iván Puentes, e, ademais, como cada xoves, tomamos a última antes de marchar: o escritor e editor Alvaro Lago é hoxe o noso convidado.

Más de Uno Pontevedra

13/04/2021 15:09

Xogaremos coa auga nun novo parque infantil en Pontevedra

A cidade estreará este ano a súa primeira área de lecer con de xogos de auga na ribeira do Lérez. Falamos co concelleiro de Desenvolvemento Sostible, Iván Puentes, sobre os detalles do proxecto que se executará no parque Rosalía de Castro, entre o Paseo de Rafael Areses e o Recinto Feira.

Más de Uno Pontevedra

05/01/2021 14:17

Máis de 140 especies de aves escollen a Xunqueira de Alba

Un estudo da Concellería de Desenvolvemento Sostible detectou 73 especies de aves no ENIL da Xunqueira de Alba na primavera-verán de 2020. O concelleiro Iván Puentes constata que “a día de hoxe son 142 as especies vistas neste espazo natural protexido, que temos o privilexio de posuír a tan só un pasos do centro da cidade”.

Más de Uno Pontevedra

27/04/2020 15:06

Iván Puentes: "En Pontevedra os comportamentos incívicos son totalmente illados"

Os parques infantís de Pontevedra permanecen pechados por motivos de seguridade sanitaria, pero o Concello procedeu á reapertura de diversas zonas verdes que estaban precintadas e das que agora os máis pequenos poden volver desfrutar cos seus familiares. Facemos balance das primeiras xornadas de saída das nenas e nenos de Pontevedra co concelleiro de Desenvolvemento Sostible e Medio Natural, Iván Puentes. Neste podcast podes volver escoitar a entrevista con Susana Pedreira no programa "Más de Uno Pontevedra".