Más de Uno Pontevedra

Máis de 140 especies de aves escollen a Xunqueira de Alba

Un estudo da Concellería de Desenvolvemento Sostible detectou 73 especies de aves no ENIL da Xunqueira de Alba na primavera-verán de 2020. O concelleiro Iván Puentes constata que “a día de hoxe son 142 as especies vistas neste espazo natural protexido, que temos o privilexio de posuír a tan só un pasos do centro da cidade”.

Lorena Páramo

Pontevedra | 05.01.2021 14:17

Hoxe visitamos a Xunqueira de Alba co concelleiro de Desenvolvemento Sostible, Iván Puentes, e co biólogo Vítor Xosé Cabaleiro. Coñecemos o traballo de seguimento realizado polo biólogo durante a última primavera verán e que permitiu actualizar a lista histórica de aves avistadas no ENIL. O estudo que acaba de facer público o Concello inclúe tanto as especies que viven nesta contorna todo o ano como as que veñen en primavera para criar e aquelas migradoras (que non crían, pero que utilizan o ENIL para descansar e alimentarse na súa viaxe migratoria). Neste podcast podes volver escoitar a conversa con Susana Pedreira en "Más de Uno Pontevedra".