Castelao

Más de uno ourense

04/02/2025 08:32

Noticias Matinal Ourense 04/02/2025

As novas deste martes 04 de Febreiro, con Jesús Alvarez, coa información de Ourense e a súa provincia, así mesmo os titulares de prensa e as novas do Tempo.

A última e marchamos

17/11/2022 15:32

A última e marchamos

17/11/2022 15:32

Anxo Cabada e a fotografía a lume manso

Cada xoves tomamos a última con pontevedreses que nos falan dos seus proxectos. Unha charla coloquial e distendida que esta semana ten como protagonista ao fotógrafo estradense Anxo Cabada. Percorremos con el a mostra "Sombras Atlánticas. Retratos da arte galega" que ata o 15 de xaneiro permanece no Edificio Castelao do Museo de Pontevedra.

PROGRAMA COMPLETO

17/11/2022 14:24

Más de Uno Pontevedra 17/11/2022

Abrimos o programa coa actualidade do día e conversando co primeiro tenente de alcalde e concelleiro de Medio Ambiente de Caldas de Reis, Manuel González. Buscamos a previsión metereolóxica e, como cada xoves, recibimos a visita de Rodrigo Cota. Ademais, completamos o programa tomando a última antes de marchar con Anxo Cabada, fotógrafo estradense que ata o 15 de xaneiro expón no Museo de Pontevedra a mostra "Sombras Atlánticas. Retratos da arte galega".

Cita a cegas no Museo

03/06/2021 14:37

A conexión entre Castelao e Goya no Museo de Pontevedra

Hoxe adentrámonos no edificio Castelao guiados por Ángeles Tilve, conservadora e responsable da área de Coleccións do Museo de Pontevedra. Durante a visita descubrimos que é imposible cuantificar o número de pezas que alberga o museo e que os propios traballadores se sorprenden todos os días porque sempre atopan algo novo. Sen dúbida, Castelao é unha figura imprescindible e hoxe coñecemos mellor a súa colección, con especial protagonismo para o “Álbum Nós”. Ademais, Ángeles Tilve explicounos que grazas a Castelao o Museo é unha das poucas institucións do Estado que conta nas súas coleccions coas catro series gravadas de Goya.