Cultura

Menor pon en valor a emigración e a cultura nun acto de homenaxe a Castelao

A Esgueva converteuse en epicentro cultural coa inauguración da Fonte e o Camiño do Guieiro, así como dunha escultura elaborada por Antón Pulido que homenaxea a Castelao e á conexión coa emigración.

Onda Cero Ourense

Ourense |

Menor pon en valor a emigración e a cultura nun acto de homenaxe a Castelao
Menor pon en valor a emigración e a cultura nun acto de homenaxe a Castelao | Deputación de ourense

O presidente da Deputación de Ourense, Luis Menor, participou hoxe na inauguración da Fonte e o Camiño do Guieiro, na Insua dos Poetas, no entorno natural de A Esgueva (Madarnás, Carballiño). Menor agradeceu o labor da Fundación Insua dos Poetas, presidida por Luis González Tosar, e comprometeu o apoio institucional “á cultura en maiúsculas”, a través de actos coma o de hoxe, que pon o peche ao Ano Castelao.

“Castelao deixou en Ourense un legado inesquecible, cultural, político e social”, sinalou Menor durante o evento cultural, no que tamén se inaugurou un conxunto escultórico elaborado polo artista Antón Pulido.

O presidente provincial tamén se referiu á emigración como “sinal de identidade” de Ourense e que, co acto de inauguración da Esgueva, queda “perpetuado” a través da arte. Deste xeito, lembrou que Guieiro é o nome que os galegos de Bos Aires lle daban a Castelao cando se atopaba en Arxentina.

Pola súa banda, Luis González Tosar, puxo en valor A Esgueva como “espazo natural que dialoga coas artes clásicas” e referiuse a Castelao como “loitador incansable polas liberdades”, poñendo en valor o ciclo de un ano que na Fundación Ínsua dos Poetas organizaron para lembrar o legado do intelectual.

Client Challenge

José Castro Gil, tenente alcalde de Carballiño, apostou “porque a Ínsua dos Poetas medre, que os rapaces coñezan aínda máis este espazo”. Valentín García, secretario xeral de Política Lingüística, destacou que “a cultura ten que saír aos espazos públicos coma este, A Esgueva”. Tamén se referiu a Castelao, “sempre rodeado de ourensáns ata os últimos anos da súa vida”.