O edil popular, Pepe Araújo, lamenta que “o Espazo Lusquiños, pensado e creado para impulsar e apoiar o talento local, leve anos pechado porque ao alcalde simplemente non lle interesa a cultura musical nin o tecido creativo da cidade”.
O PP lembra que este espazo foi durante anos unha alternativa esencial para bandas emerxentes, solistas, proxectos xuvenís e grupos sen recursos para asumir locais privados. “Era un espazo vivo, útil e necesario, e agora está completamente abandonado, sen plans nin vontade de recuperalo”, denuncia o concelleiro.
en Nadal o goberno local non impulsa actividades
Os populares subliñan que a falta de apoio ao sector musical vai máis alá do peche de Lusquiños. “En novembro celebrouse a segunda edición da Reunión de Músicos de Ourense, unha iniciativa que impulsa o músico ourensán Miguel Domínguez e si é cerro que patrocinou o Concello, pero agora, en Nadal o goberno local non impulsa actividades, concertos ou programación para os músicos ourensáns, cando é unha das épocas con máis potencial cultural do ano”, critica o popular.
Para o PP, isto evidencia unha falta de sensibilidade cultural que prexudica tanto aos profesionais como á vida cultural e económica da cidade. Por iso, os populares reclaman ao goberno local que rectifique, que recupere de inmediato o Espazo Lusquiños e que deseñe unha programación cultural para todo o ano que inclúa aos músicos da cidade, especialmente nun momento no que Ourense podería aproveitar campañas como o Nadal para impulsar o talento local.
O Concello debe apoiar a quen crea, a quen xera cultura, a quen dá vida á cidade. Reabrir Lusquiños, impulsar outros espazos culturais, programar concertos ao longo do ano e apostar pola música ourensá”, conclúe Pepe Araújo

