Ourense Provincia

A Deputación inicia a elaboración dunha nova Relación de Postos de Traballo

“O obxectivo é aumentar a calidade dos servizos públicos que presta a Deputación aos cidadáns da provincia e aos seus respectivos concellos”, explica Marta Nóvoa.

Óscar Gómez

Ourense | 11.01.2024 07:48

A Deputación inicia a elaboración dunha nova Relación de Postos de Traballo
A Deputación inicia a elaboración dunha nova Relación de Postos de Traballo | onda cero

A Deputación de Ourense vén de iniciar os traballos para elaborar unha nova Relación de Postos de Traballo (RPT) que mellore a calidade dos servizos públicos que presta a institución provincial. Este labor de actualización comezará, en primeiro lugar, pola elaboración dun informe que analice a situación actual da RPT e despois a realización dunha diagnose e propostas de mellora organizativa. O obxectivo é ter rematado este traballo durante este ano 2024.

Logo da primeira reunión, a vicepresidenta primeira da Deputación, Marta Nóvoa, sinalou que “o obxectivo é aumentar a calidade dos servizos públicos que presta a Deputación aos cidadáns da provincia e aos seus respectivos concellos, e para iso hai que dimensionar e mellorar a xestión do seu capital humano, por suposto contando sempre co diálogo e colaboración cos traballadores e os seus representantes sindicais”, explica Marta Nóvoa.

Comezado xa o proceso de elaboración da nova RPT, a vicepresidenta primeira explica que “cos traballos xa iniciados, iremos informando de todos os avances nas mesas xerais de negociación, polo que a primeira deste ano está prevista nas vindeiras semanas. Todos os pasos que estamos a dar queremos que estean referendados polo diálogo e cooperación co capital humano da institución provincial”.