Temas

Carmen Fouces

Más de Uno Pontevedra

Cuestionario persoal: Carme Fouces

Cada mércores, os políticos pontevedreses sométense ao cuestionario persoal de Susana Pedreira. Nesta ocasión, coñecemos mellor a Carme Fouces, concelleira nacionalista de Persoal e Cultura en Pontevedra.

Onda Cero Pontevedra

Pontevedra en la Onda (27-12-2018)

Comezamos o programa repasando a actualidade do día e buscando a predicción metereolóxica para as vindeiras horas. No tempo da entrevista conversamos coa eurodeputada do BNG, Ana Miranda, que levará ata Bruxelas a situación do encoro da Baxe en Caldas. Abrimos o espazo semanal dedicado á saúde: Raquel Carragal desde Alaia Salud y Pilates de Marín é hoxe a nosa especialista convidada. Ademais, recibimos a visita de Carmen Quinteiro nunha nova edición de xoves de conto

Onda Cero Pontevedra

Pontevedra en la Onda (19-10-2018)

Como cada venres abrimos o programa co repaso pola actualidade do día e da semana. Recibimos a visita de Javier Arnau nunha nova edición de ENREDADOS e buscamos a predicción do tempo. Ademais, marcamos unha completa AXENDA cultural e de ocio para desfrutar da fin semana

Onda Cero Galicia

Gente Viajera de Galicia (24-11-2017)

México é o destino ao que nos levan esta semana as galegas viaxeiras que nos visitan: a concelleira de Cultura de Pontevedra, Carme Fouces, e a coordinadora do Salón Internacional do Libro Infantil e Xuvenil, Eva Mejuto. Ademais, percorremos Galicia facendo parada en Lugo e en Compostela e, como cada último venres do mes, temos "cuchipanda" cos mozos de Polo Correo do Vento, Carlos Taboada e Quique Mauricio

Onda Cero Pontevedra

Pontevedra en la Onda (22-11-2017)

Comezamos o programa na Deputación para coñecer os novos orzamentos de 2018 e coa visita da concelleira de Igualdade de Pontevedra, Carme Fouces, para falar de "Invisibles", o libro de Montse Fajardo que centra a campaña municipal do 25 de novembro. No tempo da entrevista compartimos o encontro mantido con Ivan Ferreiro e Arancha Moreno en Cronopios. Ademais, completamos o programa pedaleando da man de Oscar Barreiro, un dos compoñentes da "Familia Supertrump"

Onda Cero Pontevedra

Pontevedra en la Onda (01-03-2017)

Estreamos mes e disfrutamos dun día festivo en Pontevedra. Aproveitamos a ocasión para profundizar na iniciativa do concello da capital do Lérez de utilizar fondos europeos para loitar contra a violencia machista. Con Carmen Fouces, concelleira de Igualdade, conversamos do tema. Tamén, prestamos atención a unha nova operación contra o narcotráfico na provincia de Pontevedra. E rematamos falando de seguridade dos peregrinos no Camiño Portugués. O BNG levará este asunto a Cámara Galego. Analizamos este asunto con Tino Lores.

Onda Cero Pontevedra - Programa especial de Redeaxuda

Pontevedra en la Onda (28-12-2016)

Poñemos o programa de hoxe ao servizo da REDEAXUDA para dar voz ás entidades que en Pontevedra traballan en REDE para AXUDAR aos colectivos que máis o precisan. Tamén damos voz aos voluntarios e voluntarias que fan posible o éxito da rede. Ademais deles, hoxe polos nosos micros pasan o alcalde de Pontevedra, Miguel A. Fernández Lores, a concelleira de Benestar, Carme Fouces, o vicerreitor do Campus, Juan Manuel Corbacho, a educadora social da Fundación Meniños, Rita Conde, a presidenta de Rexurdir, Ángeles Guisande e a xerente da empresa de inserción social Feito, Laura Vilán.