Temas

Carmen Fouces

Onda Cero Galicia

Gente Viajera de Galicia (24-11-2017)

México é o destino ao que nos levan esta semana as galegas viaxeiras que nos visitan: a concelleira de Cultura de Pontevedra, Carme Fouces, e a coordinadora do Salón Internacional do Libro Infantil e Xuvenil, Eva Mejuto. Ademais, percorremos Galicia facendo parada en Lugo e en Compostela e, como cada último venres do mes, temos "cuchipanda" cos mozos de Polo Correo do Vento, Carlos Taboada e Quique Mauricio

Onda Cero Pontevedra

Pontevedra en la Onda (22-11-2017)

Comezamos o programa na Deputación para coñecer os novos orzamentos de 2018 e coa visita da concelleira de Igualdade de Pontevedra, Carme Fouces, para falar de "Invisibles", o libro de Montse Fajardo que centra a campaña municipal do 25 de novembro. No tempo da entrevista compartimos o encontro mantido con Ivan Ferreiro e Arancha Moreno en Cronopios. Ademais, completamos o programa pedaleando da man de Oscar Barreiro, un dos compoñentes da "Familia Supertrump"

Onda Cero Pontevedra

Pontevedra en la Onda (01-03-2017)

Estreamos mes e disfrutamos dun día festivo en Pontevedra. Aproveitamos a ocasión para profundizar na iniciativa do concello da capital do Lérez de utilizar fondos europeos para loitar contra a violencia machista. Con Carmen Fouces, concelleira de Igualdade, conversamos do tema. Tamén, prestamos atención a unha nova operación contra o narcotráfico na provincia de Pontevedra. E rematamos falando de seguridade dos peregrinos no Camiño Portugués. O BNG levará este asunto a Cámara Galego. Analizamos este asunto con Tino Lores.

Onda Cero Pontevedra - Programa especial de Redeaxuda

Pontevedra en la Onda (28-12-2016)

Poñemos o programa de hoxe ao servizo da REDEAXUDA para dar voz ás entidades que en Pontevedra traballan en REDE para AXUDAR aos colectivos que máis o precisan. Tamén damos voz aos voluntarios e voluntarias que fan posible o éxito da rede. Ademais deles, hoxe polos nosos micros pasan o alcalde de Pontevedra, Miguel A. Fernández Lores, a concelleira de Benestar, Carme Fouces, o vicerreitor do Campus, Juan Manuel Corbacho, a educadora social da Fundación Meniños, Rita Conde, a presidenta de Rexurdir, Ángeles Guisande e a xerente da empresa de inserción social Feito, Laura Vilán.