Concello de Soutomaior
11/06/2026 14:32
A 5ª Feira da Ciencia enche o Multiúsos de Arcade de proxectos, obradoiros e espectáculo científico
Ao longo desta xornada o Multiúsos de Arcade acolle a quinta edición da Feira de Ciencia. Unha cita que achega proxectos, visitas guiadas, obradoiros e o espectáculo Sen ciencia non hai paraíso que terá lugar esta tarde ás 18:30 h.










