O polifacético Xurxo Souto presenta (e ensaia) este xoves no Café Cultural Auriense (ás 20.00) o libro "Somos un pobo de artistas" co que homenaxea ó desaparecido Cuco de Velle. Unha homenaxe "de dous estralos" a esta figura da cultura popular ourensá.
Un segundo acto terá lugar o sábado en sesión vermú (ás 12.00) na Casa Marta (a derradeira taberna aberta en Velle) onde actuará o Triomotobomba.
Souto considera ó Cuco de Velle o verdadeiro inventor da música mestiza antes que o propio Manu Chao e "Si vas ó San Benití..." un auténtico himno interpretado en múltiples ocasións na tradicional palleira aberta á música e á troula.