A Praza Maior de Ourense converterase este domingo nun gran mercadiño de Nadal especializado en antigüidades.
As pandereiteiras de Queixumes dos Pinos e a Coral San Mauro ambientarán musicalmente a xornada dominical desde as 12:15 horas, e os postos de venda estarán instalados ata a tarde do domingo.
“A Capital do Nadal de Galicia ofrece máis de 400 actividades para gozar das rúas de Ourense sendo este mercadiño e o poboado navideño que inauguramos mañá nos xardíns de Padre Feijóo dous grandes atractivos desta fin de semana xunto ao ioga termal do sábado”, sinala o alcalde, Jesús Vázquez Abad.
Ademáis, o rexedor ourensán lembra que “Ourense é un plan perfecto para facer as compras de Nadal, xa que desde hoxe mesmo temos en marcha a campaña para dinamizar o comercio local titulada “Pasaporte aos teus soños”, na que os participantes podrán optar, mercando no Comercio Local, a estancias no Parque Warner de Madrid, cedidas por Logitravel; fines de semana en balnearios, cortesía de Caldaria; ceas e aloxamento no Hotel Rústico San Jaime, e seis cenas establecementos pertencentes á Unión de Hostaleiros de Ourense. O sorteo destes premios realizarase o vindeiro 8 de xaneiro