Salón das Antigüedades

Unhas 5.000 visitas acercaronse a Expourense este fin de semana

A VI edición de Antiq Auria, Feira Internacional de Antigüidades, e a exposición interactiva "Dinosauria Experience" converteron o recinto nunha alternativa de lecer para toda a familia.

Óscar Gómez

Ournese | 10.10.2022 08:14

 Unhas 5.000 visitas acercaronse a Expourense este fin de semana
Unhas 5.000 visitas acercaronse a Expourense este fin de semana | onda cero

Expourense propuxo esta fin de semana unha viaxe ao pasado a través de dúas actividades independentes, pero chamaron a atención dos case 5.000 visitantes que se achegaron ao recinto feiral dende a tarde do venres. Antigüidades para os maiores e dinosauros para os máis pequenos fixeron de Expourense un bo plan para pasar a fin de semana en familia.

Expourense acolleu esta fin de semana a sexta edición de Antiq Auria, a Feira Internacional de Antigüidades organizada pola Asociación Memoria Antiga. Contou coa participación de 38 expositores de 5 países (España, Portugal, Francia, Bélxica e Suíza) e 2.600 visitas, cumprindo así as expectativas dos organizadores. “Xa podemos dicir que é a feira de antigüidades máis importante de Galicia. Recibimos compradores de toda a Península e tamén de China”, indica José Antonio Ferreiro de Antigüedades Urbano, un dos cofundadores de Memoria Antiga.

Antiq Auria contribuíu un ano máis, segundo os organizadores, “a que a xente valore máis o que ten na casa. Ven que aquí se venden cousas que teñen na casa e consideran lixo e iso fai que cando chegan a casa o valoren máis”. Facendo un percorrido pola feira, era habitual ver aos visitantes explicando aos seus fillos ou netos en que consistían algunhas das exposicións e para que servían, como botes de leite, máquinas de escribir, cámaras analóxicas ou ferramentas para traballos agrícolas.

Tamén nos chamou a atención o gran número de mozos que visitaron a mostra na procura dalgunha peza vintage para decorar a súa casa e combinala cunha decoración máis moderna. Ademais de Antiq Auria, as instalacións de Expourense acolleron esta fin de semana outros eventos como a exposición interactiva "Dinosauria Experience European Tour", que tamén rexistrou un elevado número de visitas, chegando ás 2.300. Ambas actividades propuxeron unha viaxe ao pasado para toda a familia e nas dúas exposicións participaron moitas familias.

Conclúe así unha fin de semana na que se evidencia a multidisciplinariedade e adaptación das instalacións de Expourense, xa que a partir de mañá luns o recinto volverá converterse nun centro de vacinación masiva contra o COVID-19.