O presidente provincial, Luis Menor, mantivo unha primeira toma de contacto coa nova directiva da Academia Galega do Audiovisual, onde quedou de manifesto que a colaboración entre ambas entidades continuará con iniciativas como os Premios María Luz Morales, así como do ciclo Mestre Mateo. “Tamén falamos de continuar a celebrar eventos singulares como o encontro internacional de Academias de Galicia e Portugal que dan un pulo á provincia desde un sector estratéxico para o país como é o audiovisual”, explicou Menor.