O concelleiro de Seguridade, Telmo Ucha, mantivo unha reunión co Xefe do Servizo de Loxística e Servizos Xerais da Área Sanitaria de Ourense, José Núñez Ramos na que acordaron a colaboración para estender a vixilancia na zona interior do perímetro do Complexo Hospitalario Universitario de Ourense.
Esta medida, ten o obxectivo de abordar o problema de aparcamentos en zonas non habilitadas dentro do perímetro do CHUO. Desta maneira, a vixilancia privada do Hospital e a Policía Local, colaborarán para que non se produza esta mala praxe.
Ademais, a concellería de Seguridade, está estudando tamén, a colaboración da Policía Local para que os vehículos de emerxencia sanitaria que o precisen, sexan escoltados para facilitar mobilidade e determinadas situación que se requira.