Concello de ourense

O alcalde visita o remate das obras da travesía da Vía Vella

O Concello vén de executar o acondicionamento desta infraestrutura no barrio do Pino, entre as rúas Vía Vella, desde a intersección coa rúa Casardomato, ata a conexión coa rúa Balneario.

Óscar Gómez

Ourense | 12.07.2022 08:04

O alcalde visita o remate das obras da travesía da Vía Vella
O alcalde visita o remate das obras da travesía da Vía Vella | onda cero

Gonzalo Pérez Jácome, visitou a remate das obras da travesía da Vía Vella, no barrio do Pino. Segundo o propio alcalde, “trátase dunha intervención amplamente demandada polos veciños/as que mellora o firme da calzada e proporciona un itinerario peonil máis cómodo e seguro”.

Esta obra comprende en concreto un tramo de case un quilómetro desde as rúas Vía Vella – desde a intersección coa rúa Casardomato – ata a conexión coa beirarrúa existente na rúa Balneario.

Entre as actuacións están a mellora do estado do firme da calzada para que a circulación sexa máis cómoda e segura. Tamén se proxectou a construción dunhas plataformas de embarque para as catro paradas de autobús urbano. Ademais, contemplouse a renovacións dos servizos municipais de abastecemento que estaban dentro da área de actuación das obras.

Este investimento tivo un orzamento inicial de licitación de 272.555 euros.

remate das obras da travesía da Vía Vella
remate das obras da travesía da Vía Vella | Onda Cero