A festa máis antiga de Galicia, documentada en 1751 terá lugar hoxe, entre lusco e fusco, (ó redor das sete e media) cando sexa acendido o gran fachón en Castro Caldelas para percorrer a vila iluminada con centos de pequenos fachós.
Trátase da Festa dos Fachós e ten a súa orixe nunha iniciativa contra unha praga de peste e no xeito no que dende o século XVIII celébrano os veciños.

