Atletismo

O atletismo galego debuta a nivel internacional no Trail Running

O Trail running, a última das nosas especialidades en chegar, presentábase ao noso deporte fai apenas un par de lustros ca intención de ampliar a oferta atlética.

Óscar Gómez

Ourense |

O atletismo galego debuta a nivel internacional no Trail Running
O atletismo galego debuta a nivel internacional no Trail Running | onda cero

Ca chegada a Presidencia da FGA de Iván Sanmartín fai algo máis de dous anos, quíxose dar un novo pulo a este sector emerxente polo que se puxo ao fronte do mesmo a un gran coñecedor e entusiasta do Trail Running, Iván Sangiao en calidade de Responsable Técnico do sector. Desde entón, a oferta competitiva non fixo máis que aumentar, poñéndose en marcha entre outros proxectos, o Galicia Trail Running Series e o debut da Selección Galega nos Campionatos de España. Precisamente esta última cita, levada cabo en Serra de Gredos o pasado mes de abril, deixábanos un resultado histórico ao acadar nada menos que un total de seis medallas para o atletismo galego da man de Asheber Díaz, Emma Méndez, Sandra Gonzalez, Emilio Montilla (por dúas ocasións) e Rebeca Mariño.

Primeira convocatoria internacional de TR para o atletismo galego

Por si foro pouco a gran noticia confirmábase recentemente ca convocatoria, por vez primeira nesta modalidade para o atletismo galego, de dous atletas para tomar parte no Campionato de Europa da Especialidade, que se levará a cabo do 31 de Maio ó 2 de Xuño en Annecy - Francia, nos European Off-Road Championships. En concreto serán a subcampioa de España Emma Méndez da Atlética Lucense e o actual campión Asheber Díaz do Real Club Celta, quenes tomarán parte nos históricos trazados franceses da "Maxi Race", unha das probas icónicas do trail running mundial, e faranno por partida dobre xa que ambos deportistas están seleccionados para competir na modalidade de Carreira Vertical (Uphill) e na modalidade de Carreira de Montaña (Mountain Classic).