Adrián Seijo, David Casas e Antón González. Todos eles acompañados pola adestradora Sara Ezquerro. Gran participación dos nosos nun dos torneos máis importantes da tempada. Adrián Seijo conseguía clasificarse no N1 plantándolle cara aos mellores do ranking nacional. Antón González consegue unha vitoria importante na fase de grupos que lle axudará a seguir sumando puntos no seu ranking nacional. David Casas tivo que retirarse por lesión na súa perna esquerda.
Spanish Parabadmintonb Internacional
No torneo celebrado en Toledo Ignacio Fernández consigue un quinto posto no dobres masculino WH1-WH2 xunto a Francisco Motero do CDB Huelva. Así mesmo Manuel G. Rosendo consigue outro quinto posto no dobres masculino SU5 xunto a Pablo Serrano. A póxima parada será campionato de España de Parabádminton en Cartagena a celebrarse do 10 ao 12 de mai.
En Palos de la Frontera, no Master N1-N4 SUB19 Xoel Álvarez despois de conquistar o MASTER N1-N4 SUB17, enfrentouse ao sub19, onde consegue importantes victorias que lle axudarán a sumar puntos no seu ranking.
Así mesmo, Antonio Iglesias, representando á Universidade de Vigo, no campionato de España Universitario consegue a medalla de prata na competición individual e bronce na competición por equipos.