Agrogandeiría

Os agricultores e gandeiros de Ourense negan que interferirán no Entroido

O mércores irán a manifestarse a Madrid

Paco Sarria

Ourense |

Tractorada Ourense
Imagen de la concentración de agricultores con sus tractores en la Subdelegación del Gobierno de Ourense. Foto: Xesús Álvarez | Xesús Álvarez / Onda Cero Ourense

Os agricultores e gandeiros ourensáns estarán este próximo mércores en Madrid secundando a movilización convocada por entidades representativas do sector primario para facer constar as súas demandas e oposición ó tratado asinado pola Unión Europea con Mercosur.

Entretanto manteñen a tractorada na Autovía nas inmediacións de Xinzo de Limia pero aseguran que non perxudicarán en ningún caso as celebracións do Entroido, como en Onda Cero Ourense informou un dos voceiros, Marcos Quintas.

Por outro lado comezaron a recurrir as multas de ata 3 mil euros (algunhas son mesmo de 10 mil) que lles remitíu a administración polos cortes de tráfico non autorizados, e pacas de palla colocadas diante da Subedelegación do Goberno e agardan tamén que sexan atendidas as reunións comprometidas con eles polo Subdelegado Eladio Santos despois de que o pasado venres asaltaran o edificio sede da Administración do Estado na provincia a raíz das sancións, producíndose momentos de tensión.