Temas

subdelegado del gobierno

Seguridad Vial

Emilio González pide prudencia aos condutores ante as festas de Nadal

O subdelegado do Goberno sinalou que o aumento no número de desprazamentos curtos e coñecidos nestas datas incrementa os descoidos á hora de cumprir as normas de tráfico.

Conducir baixo a influencia do alcol e doutras drogas é a primeira causa de perda de puntos na provincia no que vai de ano.

Durante a presentación realizouse un control preventivo de alcol e drogas no marco da campaña nacional que se está a desenvolver entre o 6 e o 12 de decembro.

Entrevista con Emilio González Afonso

Falamos da detención do acusado de maltrato animal co subdelegado do Goberno

Convidamos hoxe a Más de Uno Ourense ó subdelegado do goberno, Emilio González Afonso, para abordar detalles relacionados coa detención do ourensán acusado dun delicto continuado de maltrato animal, pola colocación de cebos con alfiletes que ocasionaron graves danos a cans e a morte de algun deles tras dous anos de alarma social entre os propietarios de mascotas.

Violencia sobre a muller

Emilio González subliña a importancia da formación especializada en violencia de xénero

A Subdelegación do Goberno en Ourense impulsa a organización das primeiras Xornadas Formativas de Violencia sobre a Muller, centradas na intervención policial e na protección das vítimas.

Celebraranse en nove municipios da provincia e están destinadas a profesionais que traballan na prevención da violencia de xénero e na protección das vítimas .Esta acción formativa está incluída dentro da programación de actos con motivo da conmemoración do Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra a Muller.

Policia Nacional

Emilio González destaca o traballo e o compromiso da Policía Nacional coa defensa dos dereitos e liberdades da cidadanía ourensá

O subdelegado do Goberno en Ourense resalta o labor dos axentes na loita contra a violencia de xénero, así como na persecución dos delitos de odio e da ciberdelincuencia

Emilio González traslada á Policía Nacional o recoñecemento e agradecemento polo traballo e esforzo durante a pandemia

No acto institucional entregáronse 24 condecoracións a axentes e persoas e institucións cun vínculo especial co Corpo