Revista Pincha

Onda Cero Galicia

11/01/2019 06:00

Gente Viajera de Galicia (11-01-2019)

Primeira viaxe do ano que nos leva ata Nova York e México, dous dos destinos nos que pasaron a súa lúa de mel Diana Fernández e David Díaz, creadores de "Bolboretas no bandullo". Ademais, comezamos repasamos a actualidade e propoñendo unha viaxe express "Voando nas Rías Baixas" (https://www.depo.gal/voando-nas-rias-baixas). Poñémonos ao día coa directora da Revista Pincha, Rebeca Munín, sobre as novidades gastronómicas e culturais de Compostela e rematamos durmindo no Concello da Veiga: "O Eido das estrelas" é a casa rural na que descansamos este venres.

Onda Cero Galicia

16/11/2018 06:00

Gente Viajera de Galicia (16-11-2018)

Viaxamos esta semana en compañía de Carmen Delia Díaz buscando plans para desfrutar cos máis cativos grazas ao seu blog "Escapalandia". Percorremos as rúas de Compostela cun novo número da revista PINCHA e facemos turismo mancomunado visitando as TERRAS DE PONTEVEDRA. Ademais, como cada venres de novembro, rematamos a viaxe na comarca do DEZA: Rodeiro e as súas xornadas da caza son hoxe o destino final.

Onda Cero Galicia

05/10/2018 06:00

Gente Viajera de Galicia (05-10-2018)

Viaxamos ata Alemaña co ilustrador Kiko da Silva, o galego viaxeiro que nos visita esta semana. Repasamos a actualidade máis turística e adentrámonos na Revista Pincha para buscar as mellores recomendacións gastronómicas e culturais na cidade de Compostela. Anotámonos á BTT da Ruta do Viño Rías Baixas e rematamos a viaxe en Lugo para vivir o San Froilán

Onda Cero Galicia

04/05/2018 06:00

Gente Viajera de Galicia (04-05-2018)

A viaxe deste venres lévanos desde Compostela ata Xapón: pola capital galega andamos buscando cultura e gastronomía coa directora da Revista Pincha, Rebeca Munín, e ata Xapón nos leva o galego viaxeiro que convidamos á entrevista, Amir García levaba 11 anos sen volver ao seu Vigo natal. Visitamos o Castelo de Soutomaior días antes de reabrir ao público e acabamos apuntándonos á gala dos Premios Martín Códax da Música.

Onda Cero Galicia

16/03/2018 06:00

Gente Viajera de Galicia (16-03-2018)

Comezamos repasando a actualidade da semana e surfeando na Lanzada coa escola Waipia do Grove. Estreamos sección #GaliciaLovers con Cristina Collazo e Pablo Conde desde "Volta Montana". E Santiago de Compostela é un dos destinos protagonistas da tarde con moitas propostas culturais e gastronómicas porque nos visita Rebeca Munín, directora da revista Pincha.

Onda Cero Galicia

12/01/2018 06:00

Gente Viajera de Galicia (12-01-2018)

Primeiro programa do ano e estaremos moi ben acompañados, coñecemos an novidades da Revista Pincha, unha viaxeira de conto "maruxaina y su mochila" nos visita para iniciar novas viaxes, falamos da Festa do Botelo e marcamos axenda para esta fin de semana.

Onda Cero Galicia

20/11/2017 11:46

Gente Viajera de Galicia (17-11-2017)

Viaxamos por Galicia desde Muras, na provincia de Lugo, ata Muxía, na provincia da Coruña, pasando por Compostela para organizar unha visita gastro-cultural con Rebeca Munín, directora da Revista Pincha. Polo mundo andaremos con dous galegos viaxeiros: Manu Lourenzo e Luís Pereiro, mestres no IES Luís Seoane de Pontevedra

Onda Cero Galicia

17/10/2017 17:33

Onda Cero Galicia

17/10/2017 17:33

Gente Viajera de Galicia (13-10-2017)

Compostela, Nova York, Cangas, Cuba e Meis son os destinos escollidos para a viaxe deste venres en plena ponte festiva. Rebeca Munín, directora da Revista Pincha, fai con nós plans por Santiago comendo en A TAFONA de Lucía Freitas e visitando Nova York, onde a chef galega coordina a cociña dun restaurante galego. Ata Cuba nos leva a canguesa Sara Alfaya cunha carta familiar baixo o brazo