Recuperamos a nosa sección coa directora da revista Pincha, Rebeca Munín, para coñecer propostas gastronómicas e culturais nas cidades de Compostela e A Coruña.
Conversamos coa directora de Pincha, Rebeca Munín, para coñecer propostas gastronómicas e culturais na cidade de Compostela. O número de xuño da revista concede protagonismo ao café, a comida italiana e ás mellores propostas culturais.
Conversamos coa directora de Pincha, Rebeca Munín, para coñecer propostas gastronómicas e culturais na cidade de Compostela. Xa tedes o novo número da revista en papel e sempre actualizando contido.
Conversamos coa directora de Pincha, Rebeca Munín, para coñecer propostas gastronómicas e culturais na cidade da Coruña cun novo número na rúa para estrear o mes de marzo.
Conversamos coa directora de Pincha, Rebeca Munín, para coñecer propostas gastronómicas e culturais na cidade de Compostela neste mes do Entroido que acabamos de inaugurar. Xa tedes o novo número da revista en papel e na web sempre actualizando contido.
Como cada venres, a viaxe comeza coa actualidade da semana e cun destino express: o Castelo de Soutomaior para participar nunha nova cata amateur da Ruta do Viño Rías Baixas. Desfrutamos da cultura e da gastronomía compostelá coa directora da Revista Pincha, Rebeca Munín. Buscamos cidades que se transforman coa chegada do Nadal con María Fernández desde www.traveler.es e rematamos descubrindo un novo xeodestino: a Ribeira Sacra entre as provincias de Lugo e Ourense.
A viaxe desta tarde lévanos en globo pola Ribeira Sacra e en bici BTT pola Ruta do Viño Rías Baixas. Damos a benvida a Javier Arnau, galego viaxeiro que esta semana nos guía pola Costa Azul francesa. Ademais, repasamos a actualidade turística da semana e organizamos plans gastronómicos e culturais en Compostela e comarca con Rebeca Munín, directora da Revista Pincha.
Neste venres 17 de maio viaxamos por algúns dos escenarios importantes na vida de Antonio Fraguas: desde Cerdedo-Cotobade, a súa vila natal, ata Santiago de Compostela. Na capital galega facemos parada coa directora da Revista Pincha, Rebeca Munín, para poñernos ao día sobre as últimas propostas de cultura e gastronomía. A banda sonora do programa correu a cargo da cantante Lucía Pérez, unha galega viaxeira orgullosa do Incio que celebra 15 anos na música co seu novo traballo "Quince soles". Completamos a viaxe practicando Windsurf Foil en Limens, na ría de Vigo
Repasamos a actualidade máis viaxeira e facemos unha primeira parada en Sober para participar nunhas xornadas ornitolóxicas. No tempo da entrevista cruzamos o charco coa cantautora galega Sheila Patricia: acaba de volver de Cosquín (Arxentina). Falamos de gastronomía e cultura en Compostela e Padrón guiados polos contidos do novo número da Revista Pincha que dirixe Rebeca Munín. Rematamos a viaxe en Ferrol para vivir a súa Noite das Pepitas