Temas

radio lectora

Entre micros e libros en Cronopios

Arantza Portabales: “Todos temos algo que ocultar e medo a afrontar as nosas verdades”

Citámonos no sofá de Cronopios coa autora de “A vida secreta de Úrsula Bas”, unha novela na que os policías Santi Abad e Ana Barroso volven traballar xuntos para resolver un novo caso: a desaparición dunha escritora de éxito. Mentres a investigación avanza, Arantza Portabales fálanos dos medos, da depresión, da necesidade que sentimos de vivir e de que nos sorprendan, da maternidade, da culpa, da verdade e dos desexos cos que nos atrevemos a soñar.

Entre micros e libros

Arantza Portabales: "Coa dor da perda podemos vivir pero co peso da culpa é moi difícil"

Volvemos fusionar os micros de Onda Cero cos libros de Cronopios e o resultado é un novo encontro lector no que acabamos falando da vida porque dela están cheas as historias que escriben os nosos convidados. A de Arantza Portabales comeza cunha morte, a de Xiana Alén, pero a vida é a gran protagonista xunto con todos os sentimentos que nos fan estar vivos: o amor, o odio, a obsesión, o medo. Nesta novela, en "Beleza vermella", hai alguén que movido polos sentimentos toma a decisión de matar, ese alguén pode ser unha das seis persoas que na noite de San Xoán están na casa na que aparece o cadáver da moza de 15 anos sobre un enorme charco de sangue. A posta en escea é moi artística porque hai quen ve beleza en lugares raros como pode ser no sangue que emana dun corpo morto, sangue tan vermello como unha cunca de cereixas. Volve escoitar neste podcast a entrevista con Susana Pedreira

Onda Cero Pontevedra

Pontevedra en la Onda (17-06-2019)

Comezamos o programa coa actualidade do día nesta semana que comeza coa inauguración do edificio da Xunta rehabilitado en Benito Corbal. Buscamos a predicción metereolóxica e conversamos coa escritora Arantza Portabales nunha nova entrega de radio lectora desde Cronopios. Como cada luns, chega a información do motor con Abel Millán e Rubén Rey, e completamos o programa co ritmo de "Cántamo... en galego!"

Entre micros y libros

Jabois: "Hay mucho gallo de corral que fuera de su contexto es un mierda"

"Malaherba" es la nueva novela de Manuel Jabois, una novela única que solo él podría escribir con su estilo inconfundible. Es capaz de hacernos reír, a pesar de lo que nos cuenta, y capaz de hacernos llorar, sobre todo por lo que no nos cuenta pero que intuimos. Y al lector le pasa como a Tambu y Elvis - los niños protagonistas de la novela - en los últimos días de la niñez: le pueden prohibir saber pero no le pueden prohibir intuir y ahí es donde se hace grande la novela. En este podcast puedes volver a escuchar la entrevista con Susana Pedreira desde la Librería Cronopios de Pontevedra

Onda Cero Pontevedra

Pontevedra en la Onda (14-02-2018)

Repasamos a actualidade nesta xornada festiva na cidade de Pontevedra e buscamos a predicción metereolóxica na primeira parte do programa. No tempo da entrevista conversamos desde Cronopios co físico José Edelstein, co-autor do libro "Einstein para perplejos". Completamos o programa pedaleando ao tempo que falamos de seguridade viaria e reivindicamos a convivencia entre todos os usuarios da vía pública