18/05/2021
Arantza Portabales: “Todos temos algo que ocultar e medo a afrontar as nosas verdades”

- 26:23 MIN
Arantza Portabales: “Todos temos algo que ocultar e medo a afrontar as nosas verdades”
Citámonos no sofá de Cronopios coa autora de “A vida secreta de Úrsula Bas”, unha novela na que os policías Santi Abad e Ana Barroso volven traballar xuntos para resolver un novo caso: a desaparición dunha escritora de éxito. Mentres a investigación avanza, Arantza Portabales fálanos dos medos, da depresión, da necesidade que sentimos de vivir e de que nos sorprendan, da maternidade, da culpa, da verdade e dos desexos cos que nos atrevemos a soñar.
Neste enlace directo á nosa web podes volver escoitar a entrevista de Arantza Portabales con Susana Pedreira desde a Librería Cronopios de Pontevedra.
Temas
- Onda Cero


