Concurso
07/12/2021 08:11
Dez centros de ensino participan nunha nova edición de "escola verde"
Trátase dun programa que ten por obxectivo acadar cambios de comportamento e fomentar actitudes responsables co medio ambiente en todos os aspectos do eido escolar. Así, cada centro escolle unha temática sobre a que traballar durante o curso escolar, para concienciar aos alumnos no respecto pola biodiversidade e a natureza desde as idades máis temperás. Entre as propostas destacan temas tan innovadores como a arquitectura bioclimática e a súa importancia como sumidoiro de CO2, presentada polo IES Valga.










