Entrevista ao presidente da Xunta

Rueda apela ao «consenso» cos axentes sociais para implementar as primeiras medidas de control de baixas, pero advirte de que «non estaremos de brazos cruzados»

Esta semana constitúese a mesa de diálogo social na que se presentarán as primeiras medidas a patronal e sindicatos. Segundo confirmou o presidente da Xunta, Alfonso Rueda, en entrevista en Onda Cero Galicia, unha delas será a implementación en todas as áreas sanitarias das 'unidades de apoio ao control de baixas', xa existentes en Ferrol, A Coruña-Cee, Santiago-Barbanza e Lugo-A Mariña e Monforte.