Municipal

Os socialistas de Ourense reivindican parques caninos para os barrios

Tamén plantexan campañas sobre benestar animal

Paco Sarria

Ourense |

Os socialistas de Ourense reivindican parques caninos para os barrios
Os socialistas de Ourense reivindican parques caninos para os barrios | onda cero ourense

O grupo municipal socialista no Concello de Ourense levará ó pleno de marzo unha moción na que reclamarán melloras das políticas de convivencia responsable con animais na cidade e a reforma integral da protectora de animais PROGAPE.

Na moción pedirán a creación de novos parques caninos en barrios que carecen deles, así como acometer reformas urxentes nos espazos da cidade destiñados a mascotas.

Asemade plantexan a posta en marcha de campañas informativas e de sensibilización en materia de benestar animal, así como a colaborar dende o concello co tecido asociativo como é o caso de APMOU e o da propia productora de animais.

A edil Alba Iglesias declarou que “importan os animais que teñen familia, pero tamén os que non a teñen”.