Ourense Cidade

Representantes da CIG no corpo de bombeiros reclaman a demisión da edil de persoal

José Vaquero reclamou a demisión da concelleira de persoal e do xefe de recursos humáns do concello de Ourense, Javier Rodríguez Novoa por "desatender" varios fallos xudiciais

ondacero.es

Madrid | 10.01.2019 13:27

CIG Bomberos de ourense
CIG Bomberos de ourense | onda cero

O representante sindical da Cig no corpo de bombeiros de Ourense, José Vaquero reclamou a demisión da concelleira de persoal e do xefe de recursos humáns do concello de Ourense, Javier Rodríguez Novoa por "desatender" varios fallos xudiciais que obrigan ao concello a pagar a un bombeiro os conceptos reclamados de nocturnidade e festividade.

Para Vaquero a petición de demisión está máis que xustificada porque o goberno do pp no concello de Ourense non dá mais que mostras de "inoperancia" ao ser tamén "incapaz de resolver as carencias de persoal que teñen este corpo e o da policía local".

O voceiro da Cig no corpo de bombeiros asegura que non terán máis remedio que seguir recurrindo aos tribunais e manifestarse coma fixeron ate agora coincidindo ca celebracions dos plenos. Sen embargo a concelleira de persoal do Concello de Ourense, Flora Moure non ve lóxicas ás criticas da Cig polo impago dos conceptos retributivos recoñecidos nunha sentencia xa que esta foi recurrida ante o supremo e ainda non é firme. Por tanto Moure tampouco entende que sexa motivo para reclamar a sua demisión e a do xefe de recursos humáns.