Ourense Cidade

O Psoe pide a Jesús Vazquez maís humildade

Vázquez Barquero afirma que ninguén se cre xa en Ourense as súas mentiras e a cidade está desexando pasar páxina a este goberno de “autobombo” no que ata os seus recoñecen que nin teñen proxecto de cidade nin teñen capacidade de gobernar

ondacero.es

Ourense | 07.02.2019 09:55 (Publicado 07.02.2019 09:50)

Vazquez Barquero
Vazquez Barquero | onda cero

Nos últimos días, vimos contemplando de maneira reiterada que o Alcalde de Ourense insiste unha e outra vez en atribuírse como logros da súa xestión prácticamente todo o que supón algún tipo de avance ou boa nova para Ourense, co fin de intentar tapar as súas vergoñas, que non son poucas. Sen ir máis lonxe, a licitación despois de moitos anos das obras do Museo Arqueolóxico.

Despois do acontecido nas últimas semanas, nas que quedou máis que demostrado que os socialistas tiñamos razón durante todo o que levamos de lexislatura en canto ás nosas críticas á xestión de Jesús Vázquez, cando o seu voceiro e man dereita José Araújo fixo súa a nosa afirmación de que “a cidade non se podía gobernar a base de selfis”, pouco ou nada máis se pode engadir. Sen dúbida, non hai evidencia máis clara de que algo non funciona cando nin os teus cren en ti, a pesar de ser cómplices de chegar á situación de extrema gravidade na que deixarán esta cidade cando remate a súa etapa de goberno o próximo mes de xuño. Estamos a falar dun goberno totalmente roto e esgotado, que foi incapaz durante estes case catro anos de acadar ningún avance significativo para Ourense, máis alá de recibir as propinas de Feijóo por ser o único alcalde do seu partido que goberna nas capitais de provincia galegas.

Rematou o tempo das fotos, de vender fume, de estar por estar, e menos se non eres capaz de xestionar os servizos básicos dun concello como o noso. Non se pode enganar á cidadanía durante tanto tempo, non se pode deixar un concello coa maioría das súas concesións administrativas en precario, entre elas algunhas tan importantes como o transporte urbano, a auga ou o comedor sobre rodas, non se pode abandonar aos corpos de policía local e bombeiros nas súas demandas e poñer en risco a seguridade dos cidadáns de Ourense, non se pode mirar para outro lado cando os demais pedimos un frente común para loitar pola sanidade pública, pola igualdade e pola garantía dos servizos sociais universais e logo pedir lealdade para sacar adiante o que a un lle interesa cando non toca. Non se pode abandonar as nosas zonas verdes e parques durante estes anos nin deixar que Ourense esmoreza invadido pola maleza e o lixo. E así unha larga lista de tarefas que por máis “medalliñas” que se colgue o sr. Alcalde van a seguir aí pendentes e que realmente son as que lle tocan máis de preto e a curto prazo a todos os veciños e veciñas.