Municipal Ourense

PP e PSOE esixen ó Alcalde de Ourense máis rigor sobre a proposta de suprimir a ORA

Socialistas e populares coinciden en non pronunciarse sobre o COB con proceso xudicial aberto.

Paco Sarria

Ourense | 21.05.2024 11:51

O Concello de Ourense suprimirá a ORA nos próximos meses
O Concello de Ourense suprimirá a ORA nos próximos meses | onda cero
falla de seriedade

A voceira municipal do PP no Concello de Ourense, Sonia Ogando, calificou como "pataleta" a decisión do Alcalde de non voltar a convocar a xunta de voceiros no que resta de mandato.

Rematada a reunión coincidíu coa oposición na "falla de seriedade" de Jácome na convocatoria (por whatsapp e sen orde do día), e tamén na falla de rigor xa que voltou a plantexar a supresión da Ordenanza Reguladora de Aparcamentos sen ofrecer alternativas nin información ó respecto, ó igual que coa posible entrada de accionistas no Clube Ourense Baloncesto.

máis responsabilidade e concreción
Natalia Gonzalez
Natalia Gonzalez | onda cero

Pola sua parte a voceira socialista, Natalia González, declarou ó remate da mesma reunión que hai que esixir ó Alcalde "máis responsabilidade e concreción" para poder entrar a valorar a supresión da ORA e a venta das accións que o concello posúe do COB.

Os socialista advirten que Pérez Jácome non ten ningunha alternativa real concreta sobre o que facer despois da supresión da Ordenanza Reguladora de Aparcamentos, e engaden que o concello non pode desfacerse da sua participación no COB sen máis, e "sen ter datos ou garantías de posibles inversores en medio dun proceso xudicial aberto".