Socialistas e nacionalistas coinciden en denunciar tra-lo pleno extraordinario do sábado para levantar 6 reparos de intervención a obras, a posible perda de fondos europeus.
Os nacionalistas, que abandonaron a sesión que calificaron de farsa, sinalaron que o Alcalde pretendeu con ela xustificar a súa incapacidade e responsabilizar ós funcionarios e á oposición da perda de fondos europeus.
Para o edil Xosé Manuel Puga quedou en evidencia o terrible descontrol que existe no consistorio.
Pola sua parte os socialistas esixen a demisión do Alcalde e dos edís responsables, desta perda de fondos estatais millonarios que agora deberemos pagar os ourensáns.
Demandan asemade a convocatoria urxente dunha xunta de voceiros para recibir as oportunas explicacións polo sucedido como explicou a edil María Fernández.

