Xunta de Galicia

"Talento 30" para impulsar o emprego xuvenil

A liña de apoios forma parte do Plan Emprega Xuventude co que o Goberno galego agarda este ano contratar e formar máis de 2.000 persoas mozas cun investimento próximo aos 30 millóns de euros.

Óscar Gómez

Ourense | 24.01.2023 09:06

"Talento 30" para impulsar o emprego xuvenil
"Talento 30" para impulsar o emprego xuvenil | onda cero

A conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, puxo en valor o programa de axudas da Xunta Talento 30 que se convocou por primeira vez o pasado ano para impulsar en Galicia o emprego xuvenil. Nunha visita que realizou a Arenal Perfumerías, beneficiaria desta iniciativa con 14 mozas e mozos contratados cos apoios autonómicos, sinalou que o Goberno galego ten como prioridade incrementar as oportunidades laborais da mocidade de Galicia e, por iso, indicou que na actualidade está en marcha o Plan Emprega Xuventude con case 30 millóns de euros para contratar e formar máis de 2.000 persoas mozas ao longo de 2023.

Deste Plan forma parte Talento 30, que conta cun investimento de 12,2 millóns de euros para mellorar a empregabilidade dos máis novos. É un programa mixto que, ademais de apoiar a contratación, ofrece formación en competencias brandas, demandas polo mercado laboral actual. A iniciativa, ademais, conta con dúas liñas de axudas: Talento 30 en prácticas para aquelas persoas con titulación e Talento 30 formación en alternancia para aquelas que carecen de cualificación profesional.

En palabras de Lorenzana, con Talento 30 búscase reter o talento das novas xeracións e afianzar o futuro de Galicia “para facer da nosa comunidade autónoma unha terra de oportunidades para as nosas mozas e mozos”, rematou.