Concello de ourense

O Concello organiza actividades medioambientais no parque do Botánico de Montealegre para nenos e maiores

A oncellería de Medio Ambiente oferta actividades con temáticas son moi variadas, incluíndo o achegamento ao mundo da botánica, á micoloxía ou á experimentación científica.

Todas as actividades realizaranse nos sábados ou domingos pola tarde para facilitar a conciliación das familias de Ourense, en horario de 16:00 a 18:00 horas.

A primeira cita será este sábado, 20 de novembro, co obradoiro 'Outono'

Concello de Ourense

O Concello celebrará o 25N con teatro, cine e monicreques

Todas son de balde e están financiadas a cargo aos créditos recibidos do Ministerio de Igualdade, Secretaría de Estado de Igualdade e contra a Violencia de Xénero. Contarase cun servizo de canguraxe e con intérprete de signos, previa solicitude á Concellaría de Igualdade cun mínimo de 2 días.

Turismo

O Inorde promociona a Vía da Prata na “Mobile Week Ourense”

Este organismo, dependente da Deputación de Ourense, organiza catro actividades durante a celebración deste evento que converterá a nosa provincia na capital da tecnoloxía e da innovación.

O Inorde promocionará a Vía da Prata, o itinerario xacobeo que pasa por máis concellos da nosa provincia ao chegar a preto de 30 municipios, durante a celebración da “Mobile Week Ourense”. Por elo, o vindeiro sábado, 20 de novembro, o Inorde organiza unha xornada que achegará aos participantes parte da enogastronomía, patrimonio e natureza, que os viaxeiros se poden atopar ao longo desta ruta e todo elo acompañados por unha guía profesional.