Concello de ourense

O Concello ultima a Cabalgata de Reis sempre que a pandemia o permita

Amais dos Reis Magos, tamén Papá Noel cumplirá coa súa tradicional cita coa rapazada da cidade. Será cunha recepción e un espectáculo para a totalidade dos nenos e as nenas da cidade que o desexen.

Óscar Gómez

Ourense | 26.11.2021 12:56

Papá Noel e os Reis Magos achegaranse aos colexios da cidade
Papá Noel e os Reis Magos achegaranse aos colexios da cidade | la voz de galicia
Cabalgata de Reis en Ourense

O Concello de Ourense ultima os preparativos da Cabalgata de Reis, que o próximo día 5 de xaneiro recuperará o seu formato tradicional, percorrendo as rúas da cidade para ledicia da cativada, sempre que a evolución da pandemia o permita. As súas maxestades Os Reis Magos realizarán o clásico percorrido desde a estación de tren até a Praza Maior, cruzando a cidade, acompañados dunha ampla comitiva de animación e carrozas, saudando e agasallando con caramelos a cativada. Recuperarase asi o formato convencional pre-covid desta tradicional cita festiva.

cabalgata de reis ourense
cabalgata de reis ourense | onda cero

En todo caso, a organización segue atenta á evolución da pandemia e ás restricións que as autoridades sanitarias puidesen ditar no futuro, e ten listo un Plan B. Se non se puidese realizar a rota polas rúas da cidade, os protagonistas do evento: As Súas Maxestades os Reis Magos e todos os artistas e a comitiva de animación que os acompañan manterían encontros co público noutra localización, que podería ser o Pavillón Municipal de Deportes dos Remedios ou o Auditorio Municipal, onde realizarían varios pases para cumplir coa súa cita anual co público ourensán