Concello de Ourense

A residencia da Fundación Amancio Ortega, pendente dun acordo plenario ou da intervención da Xunta

A pelota está agora no tellado da Xunta de Galicia ou na de PSOE e BNG, que están bloqueando a cidade”, asegurou o alcalde de Ourense Gonzalo Pérez Jácome.

Óscar Gómez

Ourense | 29.11.2021 11:25

Perez Jacome alcalde de Ourense
Perez Jacome alcalde de Ourense | La Región

“A pelota está agora no tellado da Xunta de Galicia ou na de PSOE e BNG, que están bloqueando a cidade”, asegurou o alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, logo da xunta de portavoces que convocou esta mañá para retomar o cambio de uso da parcela que antigamente acollía a estación de autobuses, para que a Fundación Amancio Ortega poida constrír na cidade unha residencia para persoas maiores.

O Psoe lembra que a residencia de Amacio Ortega esta garantizado
O Psoe lembra que a residencia de Amacio Ortega esta garantizado | onda cero

O alcalde explicou que a reunión, proposta polo grupo do PP, pretendía retomar o expediente e buscar unha solución para a construción deste equipamento. Na xuntanza desta mañá, asegura o alcalde, quedou claro que a día de hoxe hai dúas vías: acadar un acordo do pleno do Concello de Ourense por maioría absoluta, que sería posible “sempre que PSOE e BNG non o bloqueen”, ou que a Xunta de Galicia aplique a Lei 3/2016, que permitiría construír este equipamento sen necesidade de acordo plenario. Nos dous casos, a Fundación Amancio Ortega financiaría completamente as obras.