Sanidade

Os hospitais públicos de Ourense incorporan 35 novos médicos de diversas especialidades

Das 35 novas prazas, 5 corresponden ao Hospital universitario de Ourense

Jesús Álvarez

Ourense | 24.04.2024 09:22

Os hospitais públicos de Ourense incorporan 35 novos médicos de diversas especialidades
Os hospitais públicos de Ourense incorporan 35 novos médicos de diversas especialidades | La Región

O Diario Oficial de Galicia publicou a relación dos aspirantes seleccionados, polo sistema de concurso de méritos, para o acceso á condición de persoal estatutario fixo en diversas especialidades da categoría de facultativo especialista de área que se incorporarán desde mañá aos tres hospitais da área sanitaria ourensá.

Destas 35 novas prazas de postos de difícil cobertura, 16 corresponden ao Hospital Público de Valdeorras, 14 ao Hospital Público de Verín e 5 ao Hospital universitario de Ourense

As especialidades que incorporarán novos facultativos serán análises clínicas, cirurxía ortopédica e traumatoloxía, cirurxía xeral e aparello dixestivo, dermatoloxía, endocrinoloxía e nutrición, farmacia hospitalaria, hematoloxía e hemoterapia, medicina interna, oftalmoloxía, otorrinolaringoloxía, radiodiagnóstico, reumatoloxía, psicoloxía clínica e psiquiatría

O BNG levará ó Parlamento de Galicia a falla de pediatras en Xinzo

O grupo municipal do BNG trasladou á parlamentaria autonómica Sonia Vidal as necesidades máis urxentes ó entender nacionalista neste concello e entre as que figura como principal preocupación a falla de pediatras.

Os nacionalistas darán traslado da necesidade na cámara galega esixindo respostas e solucións reais ó través de preguntas e dunha proposición non de lei. Aprecian asemade desinterese e desprezo por esta demanda por parte do actual grupo de goberno municipal.