PLAN TURISMO TERMAL 2025-2028

A xunta escolle Ourense para presentar un plan para afianzar Galicia coma destino termal

O plan conta con 10 millóns de euros de inversión pública, catro accións estratéxicas e vinteséis medidas

Jesús Álvarez

Ourense |

Presentación do Plan de Turismo Termal de Galicia
Presentación do Plan de Turismo Termal de Galicia | Onda Cero Ourense

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda elexiu Ourense para presentar o "Plan de turismo termal de Galicia 2025-2028" tentando que sexa esta provincia a que lidere a marca “Galicia termal” cun gran hotel balneario e chamando ao sector a aproveitar a "oportunidade" cunha iniciativa que contará con 10 millóns de euros de inversión pública, 4 accións estratéxicas e 26 medidas.

O plan presentado nun acto no Teatro Principal de Ourense tanto polo presidente da Xunta Alfonso Rueda coma polo Director Xeral de turismo Xosé Manuel Merelles pretende "reposicionar" a Galicia coma líder nos destinos termais en España aproveitando os seus potenciais, modernizando e creando novas instalacións, entrelas un gran hotel balneario en Ourense onde se baralla unha opción de recuperar un edificio histórico ou implantar un vangardista estilo do "Aquadome de Tirol" en Austria.

A xunta quere darlle un enfoque sanitario, crear un observatorio e unha mesa termal e poñer en marcha un programa piloto de mobilidade con conexions de transporte gratuitas aos balnearios.

Na presentación na que participaron coma convidados os principais representantes do sector termal e turístico estreouse o video promocional baixo o lema “Pecha os ollos, respira”.

Pouco despóis os socialistas calificaban o acto coma "tomadura de pelo" ao considerar aos populares cómplices da situación de abandono que sofre o termalismo na provincia con promesas incumplidas dende a era Baltar e Feijoo