Tribunais

O TSXG confirma seis anos de cadea para o narco 'Javillo'

Neste novo golpo o narcotráfico foran detidas doce persoas en Ourense e Pontevedra.

Jesús Álvarez

Ourense | 24.04.2024 09:58

O TSXG confirma seis anos de cadea para o narco 'Javillo'
O TSXG confirma seis anos de cadea para o narco 'Javillo' | Faro de Vigo

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia confirmou unha sentencia da Audiencia Provincial de Ourense de seis anos de cadea para o narco 'Javillo' tras rexeitar os recursos presentados pola sua defensa e outros dous integrantes dunha banda adicada ao tráfico de estupefacientes. Javillo (anque natural de Arousa) residía no barrio do vinteún da capital ourensán cando en 2021 a policía detiña a doce persoas entre Ourense e Pontevedra e frustraba en Sanxenxo unha operación de entrega de case sete quilos de heroína que ía agochada no airbarg do copiloto dun coche. Daquela citáranse no aparcamento dunha hamburguesería o acusado e a sua muller mais outro dos encausados.

O interventor do Concello de Ourense anunica que recurrirá o cese

O interventor municipal do Concello de Ourense, Gonzalo Alonso reclamará no xulgado do contencioso administrativo que se anule o acordo do seu cese adoptado polo alcalde de Ourense Gonzalo Jácome o pasado 19 de abril, unha decisión que considera ilegal contra un funcionario, habilitado nacional, que gañou a súa praza en concurso.

Precisamente o rexedor ourensán emitia nas últimas horas unha circular pola que desplazaba ao interventor de xeito provisional para o porto de xefe do órgano de xestión tributaria mentres ubicada no seu posto á ex tesoureira e ate agora viceinterventora Belén Rodríguez Tourón.

A circular asinada por Jácome comunicaba ademáis a revisión de solicitudes sen sinatura xa efectuadas para a tramitación de propostas de gasto, así coma calquera outro trámite dirixido de forma particular ao anterior interventor, para que sexan enviados á recén nomeada interventora.