Concello de Ourense

Campaña para dar unha segunda vida ás árbores do Nadal

Os cidadáns poderán entregar as súas árbores tanto no viveiro municipal coma nos puntos de recollida do servizo de punto limpo móbil do Concello de Ourense, que ao longo de toda a semana percorre o conxunto da cidade.

Concello de ourense

O BNG urxe a necesidade de aprobar o antes posíbel o PEPOU

Para os nacionalistas o incidente acaecido na noite de reis nun inmóbel da rúa Pizarro evidencia a necesidade de aprobar o plan e apostar decididamente pola rehabilitación e a posta en valor de toda a zona histórica.

Infraestructuras

A Deputación desenvolve un proxecto de seguridade viaria nas estradas provinciais

O plan afectará a preto de 500 quilómetros de oito vías nas que se rexistra un maior número de sinistros e se executará mediante a aplicación de substancias repelentes e sistemas disuasorios por ultrasóns.

O presidente provincial, Manuel Baltar, explicou que o proxecto xurdiu dun estudo sobre a sinistralidade nas estradas provinciais como consecuencia do atropelo de animais salvaxes, que se suma, engadiu, “aos programas de sinalización que vimos desenvolvendo nos tramos máis perigosos para garantir a seguridade viaria”

Cooperación

Gabriel Alén destaca o traballo de Caritas a prol da inclusión social e laboral

O delegado territorial sinalou o compromiso da Xunta con esta entidade, lembrando que se lle aporta máis de 314.000 euros.

Gabriel Alén puido coñecer algunhas das actividades que se realizan no centro, como alfabetización dixital, actividades interculturais ou programas de emprego, e subliñou o importante labor que están realizando nestes momentos tan difíciles estas entidades.