Xunta de Galicia

Gabriel Alén supervisa o obradoiro dual de emprego "Terras de Aguiar"

O delegado territorial destacou que este programa, no que a Consellería de Emprego e Igualdade inviste 346.946 euros, está a formar a 20 alumnos - traballadores nos módulos de operacións auxiliares de acabados ríxidos e urbanización e actividades auxiliares en conservación e mellora de montes.

Óscar Gómez

Ourense | 11.01.2022 08:13

Gabriel Alén supervisa o obradoiro dual de emprego "Terras de Aguiar"
Gabriel Alén supervisa o obradoiro dual de emprego "Terras de Aguiar" | onda cero

O delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, supervisou acompañado dos alcaldes de Pereiro de Aguiar, Luís Menor, e Paderne de Allariz, José Manuel Fernández, as actuacións que se están a desenvolver no Obradoiro de Emprego ‘Terras de Aguiar’. Este Obradoiro, no que a Consellería de Emprego e Igualdade inviste 346.946 euros, está a formar a 20 alumnos - traballadores nos módulos de operacións auxiliares de acabados ríxidos (10) e urbanización e actividades auxiliares en conservación e mellora de montes (10).

O delegado territorial destacou que a formación que se imparte nos concellos está adaptada aos perfís máis demandados das empresas da contorna polo que algúns alumnos atopan emprego mesmo antes de finalizar a súa formación. O delegado da Xunta felicitou aos participantes: “porque teredes a oportunidade de formarvos durante meses e de traballar para mellorar as vosas capacidades profesionais e a vosa empregabilidade, polo que é moi importante aproveitar esta formación para poder atopar un emprego”.

Gabriel Alén sinalou que as persoas desempregadas que participan nestes programas, que desenvolven os concellos, mancomunidades e entidades sen ánimo de lucro do sector forestal e da construción, poden acceder ao longo de 9 meses a unha formación de calidade con opción a obter un certificado de profesionalidade e a un contrato de traballo. Ademais, unha vez remate o obradoiro, os alumnos e alumnas teñen a opción de traballar nunha empresa da contorna por un mínimo de tres meses cun contrato a xornada completa. Para este fin, a Xunta concede incentivos á contratación; que neste caso concreto, trátase do primeiro obradoiro concedido en toda Galicia dentro de reserva de crédito para aldeas modelo.

O representante do Goberno galego explicou que a formación que se imparte nos concellos está adaptada aos perfís máis demandados das empresas da contorna polo que algúns alumnos atopan emprego mesmo antes de finalizar a súa formación. O delegado da Xunta felicitou aos participantes: “porque teredes a oportunidade de formarvos durante meses e de traballar para mellorar as vosas capacidades profesionais e a vosa empregabilidade, polo que é moi importante aproveitar esta formación para poder atopar un emprego”.

Visita de Gabriel Alén o Concello de Pereiro de Aguiar
Visita de Gabriel Alén o Concello de Pereiro de Aguiar | onda cero

É meta dos obradoiros duais de emprego o incremento das oportunidades laborais dos galegos e galegas. Teñen unha tripla dimensión: mellorar a empregabilidade dos participantes ofrecéndolles unha formación para o emprego teórica e práctica de calidade da man dos expertos que a imparten; desenvolver actuacións de mellora en espazos públicos, así como a prestación de servizos de interese xeral e social; ademais de colaborar coas entidades locais galegas para incrementar o emprego nos concellos.

O delegado territorial subliñou que a Xunta de Galicia financia 28 obradoiros duais de emprego, un 75% máis que a convocatoria anterior (16), que se desenvolven en 82 municipios da provincia de Ourense, un 89% do total de concellos da provincia e un 60% máis de beneficiados co ano anterior (51) e supoñen a contratación de 552 persoas, un 76% máis, entre alumnos-traballadores, persoal de dirección, administración e monitores ca edición 21/22 (313), aos que destina 9.671.709 euros; case un 80% de incremento (5,4M de euros).

Actuacións

Os participantes están a desenvolver as súas tarefas de embelecemento do núcleo rural de Reboredo e na conservación e mellora do entorno forestal do mesmo núcleo (concello de Pereiro de Aguiar).