Concello de Ourense

A cidade de Ourense responde á chamada solidaria de Disney

Os nenos puideron desfrutar da maxia da sétima arte, e desfrutaron do filme “Encanto” da produtora Disney en dous pases especialmente organizados para eles nos cines Pontevella.

Germán Fernández, xerente en Galicia de Ecovidrio, cualifica a campaña como un rotundo éxito, e recorda que para esta campaña, neste formato en concreto, foi Ourense a primeira cidade en ser elixida de España.

A concelleira de Servizos Sociais, Eugenia Díaz, destaca que este tipo de campañas teñen un único fin, visibilizar a problemática social da cidade, cuxos problemas deben ser afrontados entre todos e sumando todos os esforzos posibles.

Tecnoloxía

A Deputación participa nun plan de identificación transfronteirizo

A iniciativa, que se enmarca no programa “Conectar Europa”, suporá “un paso máis nesa vocación que temos pola tecnoloxía e a innovación, estendendo agora este proceso aos residentes nos países da nosa contorna”, destacou o presidente provincial Manuel Baltar

Economía

A Xunta abre ás axudas do renove automoción

O Goberno autonómico impulsará con este programa a compra de ao redor de 1100 vehículos eficientes que permitirán aforrar en Galicia 300.000 euros ao ano na mobilidade de particulares, empresas e autónomos.

Concello de Ourense

Segunda cancha multixogos na cidade, no barrio da Ponte

A obra permitiu a remodelación completa do recinto do barrio da Ponte que se atopa ao carón do centro cívico pontino, na rúa Eulogio Gómez Franqueira.Cun investimento de preto de 43.399.000 euros permitiu a instalación dun complexo multixogos no barrio.

Concello de Ourense

A Cabalgata de Reis de Ourense sairá ás 18:00h.

A Cabalgata de Reis da cidade de Ourense sairá o mércores, 5 de xaneiro, ás 18:00 horas da estación da Ponte, avanzará pola Avenida das Caldas e percorrerá toda a rúa do Progreso até rematar sobre as 19.15 horas no Xardín do Posío.