Concello de Ourense

Os bombeiros axudan aos Reis Magos a levarlles agasallos aos nenos ingresados no CHUOU

Os bombeiros do Concello de Ourense acompañaron aos Reis Magos na súa visita ao Complexo Hospitalario de Ourense para entregarlles os seus agasallos ás nenas e aos nenos que durante estes días están ingresados na residencia da cidade.

Óscar Gómez

Ourense | 07.01.2022 08:04

Os bombeiros axudan aos Reis Magos a levarlles agasallos aos nenos ingresados no CHUOU
Os bombeiros axudan aos Reis Magos a levarlles agasallos aos nenos ingresados no CHUOU | onda cero

Os bombeiros axudaron ás súas maxestades a acceder ao edificio, utilizando a espectacular escaleira do camión do servizo municipal, e a dar os regalos e transmitirlles ánimos aos rapaces e as rapazas, cos seus desexos dunha pronta recuperación.

Os bombeiros axudan os reis magos a entregar reagalos os nenos ingresados no CHOU
Os bombeiros axudan os reis magos a entregar reagalos os nenos ingresados no CHOU | onda cero

O concelleiro de Seguridade Cidadá, Telmo Ucha agradeceu a colaboración dos bombeiros da cidade nesta iniciativa que pretende contribuir a ledicia dos máis cativos que non pudieron acudir á cabalgata de Reis nin desfrutar destas festas nos seus fogares.