Concello de Ourense

O Psoe amosa o seo malestar polo "despilfarro" nos tres dromedarios na cabalgata de Reis

Os socialistas critican que en pleno século XXI haxa persoas como o alcalde de Ourense “illado na idade de pedra” e que precisa empregar animais como “xoguetes”, sen importarlles o “estrés e sufrimento”.

Lembran que no seu día xa criticaron o uso de dromedarios na cabalgata, ao entender que esta decisión “rompe por completo co nomeamento de Ourense como cidade libre de circos con animais”.

Cultura

A Deputación colaborará na rodaxe de “13 exorcismos”, unha nova produción audiovisual que terá a Ourense como escenario

Manuel Baltar recibiu no Pazo Provincial ao produtor e guionista da longametraxe, Ramón Campos. O presidente provincial expresou a súa satisfacción pola elección de Ourense -“unha aposta segura para o sector audiovisual”- e lembra que este xa é o segundo filme que anuncia a súa rodaxe íntegra na provincia para 2022: “Nunha década fomos quen de atraer tantas rodaxes como nos trinta anos anteriores. Imos polo bo camiño”

Ramón Campos agradeceu a receptividade do presidente provincial a un traballo que ten en Ourense “o escenario perfecto, que nos vai axudar a darlle veracidade á historia que queremos contar”. A película narra o último caso de exorcismo documentado en España a través da historia dunha adolescente.

Cine

O cinema ourensán triunfa nos premios Goya

O cinema ourensán continúa acadando éxitos. Os premios Goya, celebrados onte en Valencia, premiaron a “Valentina”, rodada co apoio da Deputación de Ourense, e ao actor ourensán Chechu Salgado polo seu papel no filme “Las leyes de la frontera”.

“Valentina” foi premiada como o mellor filme de animación. Esta longametraxe de Chelo Loureiro rodouse co apoio do goberno presidido por Manuel Baltar dentro da aposta da Deputación de Ourense polo sector audiovisual, unha estratexia concretada na transformación da provincia nun gran estudo para acoller todo tipo de rodaxes.

Pleno Concello de Ourense

O Psoe denuncia a actitude "ditatorial" de Jácome e as súas continuas faltas de respecto

Os socialistas argumentan que o acontecido hoxe “supera todos os límites” e afirman que os insultos e faltas de respecto “son algo inadmisible en democracia” e un “bochorno” para a cidadanía

Apuntan a que esta actuación obedece a unha “lóxica” e aos “escuros intereses” de Jácome para que os concelleiros do PSOE se ausentasen e non saíse adiante a modificación do chan da parcela do Pino.

Os socialistas afirman que Pérez Jácome “é unha persoa que non é exemplo, nin representa a Ourense”, motivo polo que lle piden ao Partido Popular, que o sustenta actualmente no poder, que “dea un paso adiante para apartar a esta persoa da cadeira da alcaldía e mude estes comportamentos xa”.