Xunta de Galicia

Modernizadas 14 estacións de servizo de Ourense con fondos da Xunta

A achega foi de 100 mil euros

Paco Sarria

Ourense |

Modernizadas 14 estacións de servizo de Ourense con fondos da Xunta
Modernizadas 14 estacións de servizo de Ourense con fondos da Xunta | onda cero ourense

O delegado territorial da Xunta en Ourense, Manuel Pardo, subliñou a aportación do Goberno galego de máis de 100.000 euros a 14 estacións de servizo da provincia de Ourense ao abeiro da orde de axudas de 2025 encamiñadas á modernización tecnolóxica e dixital, así como ao desenvolvemento de actuacións dirixidas a mellorar a seguridade destes establecementos.

Así o fixo no concello de Ríos, onde se desprazou para, da man da súa alcaldesa, Eva Barrio, visitar as instalacións de Vec Riós S.L, unha das empresas beneficiarias no marco desta convocatoria, nas que a Consellería de Economía e industria investiu 30.000 euros para a implantación de sistemas e equipamentos asociados ao pagamento; a integración de plataformas dixitais para a optimización da operativa de adquisición de produtos e servizos; e a adquisición de sistemas e equipamentos dirixidos a mellorar a seguridade do establecemento.

O delegado territorial da Xunta aproveitou a súa estadía en Riós para lembrar que a Xunta ten aberto o prazo dunha nova convocatoria destes apoios ata o 9 de marzo cun orzamento de 800.000 euros, cun máximo de 30.000 euros por solicitude; ata 5.000 euros para a adquisición de grupos electróxenos; e ata 1.500 para a instalacións de desfibriladores.