A garda civil de Vilar de Barrio detivo a un veciño de Verin de 40 anos de idade como presunto autor dun delicto de furto, tras ser sorprendido cando estaba manipulando 240 metros de cable telefónico de cobre que cortara previamente nas localidades de Porto e Vilar de Barrio.
Os axentes recuperaron o cable e incautaron varias das ferramentas utilizadas para a manipulación do cableado.
Instrúe as dilixencias o Xulgado de Instrucción de Xinzo de Limia.