Os evacuados foron tres varóns de 55, 70 e 91 anos respectivamente e duas mulleres de 74 e 75 anos. Dous deles vivían na vivenda afectada e as outras tres persoas noutras plantas.
O aviso de lume producíase sobre as dez da noite desplazándose ate o lugar varias patrullas da policía local, bombeiros e ambulancias.
Axentes da policía local evacuaron en primeiro lugar a un home que se atopaba aturdido na entrada da vivenda e cos bombeiros xa no lugar, foron evacuadas por prevención e por posible inhalación de fume outras tres persoas.
Os bombeiros lograron extinguir o lume nunha hora quedando a vivenda na que se orixinou bastante danada, principalmente coma consecuencia do fume, estando localizado o foco nunha habitación. A vivenda quedou precintada e pendente dunha investigación da ue se encargará o corpo nacional de policía.
Mentres duraron as tarefas de extinción, o tráfico estivo cortado nas inmediacións. Unha patrulla da policía local que chegara en avanzadilla tivo que pasar tamén por un centro médico por inhalación de fume anque posteriormente recibiu a alta.