Ourense Cidade

Barquero pide un Pxom "consensuado"

O voceiro do psoe no concello de Ourense, José Angel Vázquez Barquero asegurou que o goberno do PP está a meter a Ourense nun “calexón sen saída” tentando aprobar provisionalmente o plan de urbanismo “sen consenso político nen social”

ondacero.es

Ourense | 11.01.2019 12:40

Vazquez Barquero
Vazquez Barquero | onda cero

Barquero criticaba que o edil de urbanismo José Cudeiro “teña intención de seguir adiante cunha folla de ruta unipersonal” cun documento sen informar pola asesoría xurídica e pasando por alto o que poida decir a intervención municipal.

Para Barquero é un "despropósito que o PP xogue co futuro de Ourense e manteña ca cidade un comportamento despótico", razón pola que en aras do consenso, os socialistas retomarán os contactos cos colectivos sociais para tentar que o goberno popular mude a sua metodoloxía antes de sumir de novo á Ourense nunha "inseguridade xurídica". O voceiro do grupo municipal socialista comprometeuse a que se gobernan "haberá un pxom con consenso e sen crispacion" e acusou ao alcalde Xesus Vázquez de estar tecendo unha "estratexia" en connivencia co presidente Feijoo para chegar plantarse nas eleccións "agochando teñen a cidade paralizada"