Nada máis chegar ao recinto, os nosos xogadores dedicáronse a pasear polos corredores do establecemento observando os produtos dispoñibles, facendo paradas obrigatoriasna zona de adornos de Nadal. Tras isto, ambos os xogadores dirixíronse á planta baixa para participar nun taller no que, partindo dunha peza de madeira e utilizandodistintas pinturas, lixas e rodetes, elaboraron un reloxo.
Tanto antes como durante o evento, ambos os xogadores, ThomasTshikaya e AlfredoOtt, charlaron, compartiron experiencias e risas e, por suposto, sacáronse fotos cos asistentes