Sanidade

O alcalde e o conselleiro de Sanidade acordan un investimento de case 70 millóns de euros no CHUOU

Destinaranse á ampliación do Hospital Materno Infantil, a través dun convenio entre o Concello e a Xunta

Óscar Gómez

Ourense | 01.09.2020 08:49

Hospital Ourense
Hospital Ourense | Ourense.com

O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, mantivo esta mañá unha xuntanza por videoconferencia co conselleiro de Sanidade da Xunta de Galicia, Jesús Vázquez Almuíña, para avanzar nos plans de mellora do complexo hospitalario de Ourense.

Na reunión, na que tamén participaron a concelleira de Facenda e Contratación, Ana Morenza, o concelleiro Jesús Vázquez, e o xerente do Complexo Hospitalario de Ourense, Félix Rubial, acordaron os termos da próxima sinatura dun convenio de colaboración entre o Concello de Ourense e a Xunta de Galicia, que terá como finalidade o investimento de case 70 millóns de euros para desenvolver o proxecto de ampliación do Hospital Materno Infantil de Ourense.

As obras suporán unha achega económica duns 65 millóns de euros por parte da Xunta e duns 4 millóns por parte do Concello